CRPIH

Logo CORGA 3.0

CORGA 3.0

Corpus de Referencia do Galego Actual.

ISSN 1988-1541

O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) é unha colección de documentos que se almacenan en formato electrónico na que están representados os diferentes tipos de textos da lingua galega actual (xornalísticos, literarios, etc.). Cronoloxicamente comprende textos publicados dende 1975 ata a actualidade, sobre os que se poden facer consultas a través do seu sistema de buscas.

  Entrar en CORGA 3.0

Logo TERGAL

TERGAL

Banco de termos galegos recomendados.

ISSN 2530-4917

TERGAL é un banco de datos terminolóxico que recolle as denominacións galegas recomendadas para conceptos das linguas de especialidade e, de maneira especial, dos dominios científico e técnico. Ademais dos termos recomendados en lingua galega, os rexistros tamén inclúen información conceptual que axuda a identificar a noción á que fan referencia, así como un amplo número de equivalentes noutras linguas.

  Entrar en TERGAL

Logo MedDB 3

MedDB 3

Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa.

ISSN 1989-4546

Base de datos do corpus completo das cantigas medievais dos trobadores galego-portugueses, con información detallada tanto das composicións como dos aspectos histórico-biográficos dos trobadores.

  Entrar en MedDB 3

Logo CORGAetq 2.6

CORGAetq 2.6

Corpus de Referencia do Galego Actual etiquetado.

ISSN 1989-9661

O Corpus de Referencia do Galego Actual etiquetado é unha selección de textos xornalísticos extraídos do CORGA que están etiquetados manualmente. Polo tanto, a través do seu sistema de buscas pódense facer consultas utilizando lemas e etiquetas morfosintácticas.

  Entrar en CORGAetq 2.6

Logo CODOLGA 10

CODOLGA 10

Corpus Documentale Latinum Gallaeciae.

ISSN 1887-5602

O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae nace co propósito de elaborar un corpus textual o máis completo e actualizado posible con toda a documentación medieval relacionada con Galicia en lingua latina desde o século VI ata o XV, ambos inclusive. Abrangue os textos recollidos nos cartularios e coleccións dos centros monásticos: Samos, Sobrado, Oseira, Celanova, Xubia, Lourenzá, Carboeiro, Caaveiro, Antealtares, San Martiño Pinario etc., así como documentación das sés catedralicias de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense.

  Entrar en CODOLGA 10

Logo DiTerLi 2

DiTerLi 2

Base de datos do Dicionario de Termos Literarios.

O Dicionario de Termos Literarios inclúe voces de moi diversos ámbitos, desde as que proveñen da Poética e a Retórica clásicas até aquelas que están aínda consolidándose nos campos plurais dos programas de investigación máis recentes.

  Entrar en DiTerLi 2

Logo BiRMED 2

BiRMED 2

Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval.

ISSN 1989-869X

A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos que ten como obxectivo servir como ferramenta de traballo aos estudiosos da literatura galega medieval, facilitando a busca de referencias e o contacto entre a produción científica de distintas áreas xeográficas. Esta é unha evolución da Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa (ISSN 1988-0936) publicada en agosto de 2006.

  Entrar en BiRMED 2

Logo BILEGA 2

BILEGA 2

Bibliografía informatizada da lingua galega.

ISSN 1885-2920

BILEGA é unha base de datos que contén información bibliográfica anotada sobre traballos de investigación ou de divulgación / opinión que se ocupan da lingua galega -de forma exclusiva ou parcial- nas diferentes fases do seu desenvolvemento histórico (incluídos os períodos de formación).

  Entrar en BILEGA 2